Tuesday 07 de May de 2024

Os campamentos municipais Conciliamos Xogando dan cabida a todas as solicitudes de nenos e nenas empadroados no municipio de Neda


Publicada a relación demenores admitidos no programa municipal

Os campamentos municipais Conciliamos Xogando arrancarán o vindeiro mes de xullo con 95 nenos e nenas participantes. Aínda que inicialmente se ofertaban 90 prazas, o Concello de Neda decidiu ampliar ata as 95 para dar resposta positiva a todas as solicitudes de menores empadroados no municipio que cumplisen cos requisitos establecidos.

Así, esta mañá publicaba na web municipal a relación de admitidos/as para o programa de conciliación co que busca, nestas vacacións de verán, axudar ás familias a compatibilizar obrigas laborais e coidados dos fillos e fillas menores.

Trátase dunha proposta gratuíta, con actividades de luns a venres de 8:45 a 13:45 horas, dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. As instalacións do CEIP San Isidro serven de epicentro das accións, entre as que se inclúe predeporte, xogos musicais, plástica, obradoiros medioambientais, xincanas, contacontos…

O programa, que financia o Concello de Neda, conta co apoio da Deputación da Coruña.